Esta emisión funciona mejor en la App de iVoox, con la última versión de Mac OS, y en navegadores como Chrome y Firefox.

Descripción de Radio Foz (Lugo - Galicia - Spain)

A emisora de radio municipal, Radio Foz, sae ás ondas en 1.998, tendo a súa ubicación na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz.

A nosa emisora caracterízase desde os seus comezos pola colaboración habitual de persoas de diferentes idades creando programas de diferente temática: cine, temáticos (medio ambiente, música pop, música heavy, orquestras,…), actualidade, lembranzas, lingua, literatura, entrevistas,…

Aínda que a programación se vai renovando con diversos programas, Radio Foz sempre conta con dous programas fixos na súa emisión: os informativos e un programa de tarde con entrevistas e contidos de actualidade.

Os informativos son un punto de referencia na programación diaria, no que se inclúen tamén deportes e un apartado dedicado ás ofertas de emprego. Durante a súa emisión non só teñen cabida contidos do Concello de Foz, senón novas de toda A Mariña.

Se desexas estar informado de todo o que sucede na comarca, escoita a túa emisora de radio no 107.4 FM.

Rating 2,5 basado en 2 valoraciones

ag